miércoles, 18 de junio de 2008

RELATIVO AS ENQUISAS

Esta entrada vai dirixida a Jorge:O conxunto de equisas que fixemos tanto relacionadas co proxecto como non tanto són unha forma de animar a xente a visitar o noso blog así como tamén para coñecer distintas opinións.

¡¡¡¡¡¡¡¡REMATAMOOOS!!!!!!!!!!!!

Tras unha ardua tarea, por fin conseguimos rematalo, podemos dicir que agora , exceptuando as clases é as recuperacións estamos en VACACIÓNS e, estas, comezaran oficialmente o día
20 de Xuño.
REMATAMOOOOOOOOOOS!!!!!!!!!!!!

A 4ª REUNIÓN E A ÚLTIMA!!!!

Van a ser as cinco da tarde e comeza a nosa derradeira reunión. Hoxe xa está Mauro e estamos esperando que chegue Pablo para que sexamos os cinco nunha reunión por primeira vez. Só nos falta ordenar todo e facer o índice e a portada. Esperamos que rematemos dunha vez este traballo de tecnoloxía que nos está privando da liberdade das vacacións unha vez que xa rematamos tódolos exames.

martes, 17 de junio de 2008

Grazas pola vosa participación

Quería agradecervos a todos os que participaron na enquisa sobre a folla de procesos.Grazas por achegarmonos esta valiosa información.Para os que aínda teñan dúbidas si hai que facela.
De novo grazas pola vosa colaboración.

¿Que vai pasar co blog cando rematemos o proxecto?

De momento non temos ningunha proposta en mente pero por seguro que o segueremos a empregar aínda que non creo que co mesmo fin que agora.
Pero se no caso que o profesor de tecnoloxía quixera preservalos tal e como os deixamos faremos outro blog , pero como xa dixen, con diferente temario. Moitas grazas pola vosa atención.

Día anterior ao penúltimo día

A data sinalada aproxímase, mañá última reunión, na que está previsto que esta vez, si esteamos todos os integrantes do grupo.Temos como plan estructurar o traballo que fizemos así como tamén retocar e anudar algúns cabos soltos para que o traballo estea listo e terminado pra o día seguinte.

lunes, 16 de junio de 2008

A 3ª REUNIÓN

Comezamos a nosa 3ª reunión. Hoxe comezamos máis tarde do habitual por mor de que André foi á piscina e a reunión é na súa casa. Hoxe xa somos un máis porque Carmen está connosco para axudarnos, pero Mauro segue sen aparecer.

A VER SE REMATAMOS DUNHA VEZ !!!!!!!!!

domingo, 15 de junio de 2008

XA ESTAMOS TODOS (CASE)

Son as 6:30 e Pablo xa chegou. Xa estamos os tres a pleno rendemento e continuamos coa mesma distribución que onte: Pablo e André a pelexarse co QCad mentres que eu redacto a memoria.

Posdata: Houbo un lixeiro problema co QCad que xa comentamos antes: borróusenos o alzado e o comezo da planta que tiñamos feito; pero a parte positiva e que estaba mal feito e que agora xa o sabemos facer ben.

A 2ª REUNIÓN

Miro pola ventá, chove, son case as seis da tarde e segimos traballando, Pablo, aínda non chegou, e dos outros dous, non hai noticia. Temos que voltar a comezar o alzado, pois borróusenos, miro pola ventá, chove en Compostela.

Plan de traballo


Uns serios traballadores:









Bueno, non tanto:



Non, decididamente non.

sábado, 14 de junio de 2008

O QCad, o noso gran inimigo

Son as 7:15 e aínda seguen os problemas co QCad. André e Pablo discuten sen parar sobre as formas de empregar o QCad e xurden problemas coas medidas. A min xa me doe a cabeza, por favor rescatádeme deste suplicio. NON PODO MÁIS CON ESTES DOUS!

A 1ª REUNIÓN

Comezamos a nosa reunión na casa de André ás cinco da tarde coa intención de comezar, e se podemos rematar, a memoria do proxecto que nunca construiremos e que temos que entregar o vindeiro xoves. Estamos reunidos André, Pablo e eu, Jacobo, porque os nosos compañeiros de grupo Carmen e Mauro non puideron estar presentes. Mentres que eu redacto isto, Pablo e André estanse a romper a cabeza para recordar como se emprega o QCad, que preciasamos para facer os planos. Cando remate de escribir isto comezarei a facer o anteproxecto, que cando o remate vos pondrei un resumo aquí.

jueves, 12 de junio de 2008

CAMBIO DE PLANOS POR FALTA DE TEMPO

Ao final, non imos facer a maqueta pero si imos elaborar unha memoria do proxecto. Este memoria ten como finalidade que outra persoa poidese realizar o noso proxecto tendo só a memoria diante.
Unha idea máis elaborada da execución do traballo en cuestión, que non construiremos por falta de tempo, será a seguinte:
O proxecto constaría de 4 pistóns cos seus respectivos cilindros que xirarían dous a dous. Estes pistóns moveríanse lineal e alternativamente grazas ao xiro do cegoñal, que tamén iría conectado a un sistema de reducción de velocidade que constaría de dúas rodas: unha pequena e outra grande. A pequena iría conectada ao cegoñal que move os pistóns e a roda máis grande iría conectada ás válvulas, das que nós só imos facer unha como exemplo.

sábado, 7 de junio de 2008

PROPOSTA FINAL

Ao final, entre todos decidimos que ía ser un motor de 4 cilindros como o das fotografías anteriores pero cun cilindro con válvulas como exemplo.

O próximo día comezaremos o anteproxecto.

jueves, 29 de mayo de 2008

Propostas.


Os compañeiros Pablo Mascareñas e André Bernal García propoñen:
-A elaboración dunha maqueta dun motor de catro cilindros como o da imaxe pero con unha válvula como exemplo.

Sendo tamén viable a construcción dun motor como o da figura, sen válvulas.


Agora eu Jacobo, propoño outra imaxe que nos axudará a levar a cabo o proxecto que constará de catro cilindros unidos a unha árbore de levas e a un cegoñal; todo movido por un motor

viernes, 23 de mayo de 2008

Comezamos o proxeto

O profesor de tecnoloxía Jorge Gómez encargounos a elaboración dunha maqueta dun motor, que ten como obxectivo:
1. o traballo en equipo
2 a cooperación.
3.Un seguemento continuo e detallado do proxecto.
4. A elaboración dun diario de proxecto que terá o seu lugar neste blog.

A continuación móstrase un exemplo do motor que imos facer:





Ou tamén: