jueves, 12 de junio de 2008

CAMBIO DE PLANOS POR FALTA DE TEMPO

Ao final, non imos facer a maqueta pero si imos elaborar unha memoria do proxecto. Este memoria ten como finalidade que outra persoa poidese realizar o noso proxecto tendo só a memoria diante.
Unha idea máis elaborada da execución do traballo en cuestión, que non construiremos por falta de tempo, será a seguinte:
O proxecto constaría de 4 pistóns cos seus respectivos cilindros que xirarían dous a dous. Estes pistóns moveríanse lineal e alternativamente grazas ao xiro do cegoñal, que tamén iría conectado a un sistema de reducción de velocidade que constaría de dúas rodas: unha pequena e outra grande. A pequena iría conectada ao cegoñal que move os pistóns e a roda máis grande iría conectada ás válvulas, das que nós só imos facer unha como exemplo.

No hay comentarios: